Xosé Ramón Nóvoa de HELLOgalicia na revista de R

No novo número da revista de R (que recibín onte no meu domicilio) aparece unha entrevista a Xosé Ramón Nóvoa, de HELLOgalicia: Para quen non saiba de qué vai...

No novo número da revista de R (que recibín onte no meu domicilio) aparece unha entrevista a Xosé Ramón Nóvoa, de HELLOgalicia:
entrevista a Xosé Ramón Nóvoa de HELLOgalicia na revista de R
Para quen non saiba de qué vai a cousa informo de que HELLOgalicia era basicamente un boletín de lecer para as fins de semana que recibía por correo electrónico todos os venres, pero que está a evolucionar para converterse en algo máis, de xeito que xa ten un blog con interesantes propostas e unha canle en YouTube que serve de adianto do que fará X. R. Nóvoa e o seu equipo no futuro.
Supoño que a aparición na revista de R contribuirá a dar a coñecer esta iniciativa, e dende aquí quero dar os parabéns a Xosé Ramón, non só polo artigo, senón tamén polo ben que quedou a fotografía que o ilustra.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS