Os presentadores de RadioVoz visitan ao Padre Casares

Onte un crossover e hoxe tres cameos, pois finalmente puiden ver o episodio do Padre Casares do pasado luns (que vén de incorporarse ao servizo de televisión á carta...

Onte un crossover e hoxe tres cameos, pois finalmente puiden ver o episodio do Padre Casares do pasado luns (que vén de incorporarse ao servizo de televisión á carta da web da TVG) no que facían acto de presenza varios presentadores de RadioVoz (Isidoro Valerio, Eva Millán e Pablo Portabales):

Para min, o mellor cameo foi o de Porbales, por iso das festas gastronómicas, pois é unha das especialidades do mestre de cerimonias coma o Concurso da Orella. A Eva Millán non a coñecía, e de Isidoro Valerio só podo dicir que resulta moito máis natural e agradable en persoa.
O episodio de Padre Casares gravárase en xaneiro, converténdose na primeira serie en filmar no Parlamento de Galicia, aínda que moitos prefiran lembrala coma o debut de Portabales na pequena pantalla 😉

ACTUALIZACIÓN: Grazas a que Isidoro publicou en Facebook unha versión de alta calidade do seu cameo, o reproduzo tamén aquí:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS