Hoxe é o Big Culo Day

Por iniciativa de Jotacé hoxe celébrase o Big Culo Day ou Grande Día do Cu Comiqueiro, algo que nun principio só seguían catro blogs frikis, pero que este ano...

O rei Nikochan co seu criadoPor iniciativa de Jotacé hoxe celébrase o Big Culo Day ou Grande Día do Cu Comiqueiro, algo que nun principio só seguían catro blogs frikis, pero que este ano evolucionou a todo un fenómeno ao que se apuntaron varios centos de blogs hispanos.
Ante tal marabunta non me queda outro remedio que buscar algún cu comiqueiro, para o que o normal sería buscar entre comics de Adam Hughes ou de Al Río, pero que este ano perderon algo de peso e coido que a serie da JLA e os comics de Frank Cho serían os máis representativos do xénero.
Postos a elixir entre a Liga da Xustiza e Cho, teño que admitir a miña debilidade polo ilustrador de Liberty Meadows (tira cómica que seguín de principio a fin), do que atopei unha historia das The Many Worlds of Tesla Strong, que podería ser moi relevante para unha data como a de hoxe.
O cu de Tesla Strong
¿E por qué elixín o traseiro da filla de Tom Strong? Pois porque na historia que aparece poñen dúas viñetas semellantes en páxinas consecutivas, polo que a pose resulta moi descarada:
páxina 1páxina 2páxina 3páxina 4páxina 5páxina 6
De todos os xeitos admito que Ed Benes na JLA gañou a pulso o seu status coma autor de referenza para o Big Culo Day (Jotacé xa comentou a súa mestría ao ser capaz de facer planos nos que a mesma moza amosase cu e escote). Coma mostra, un botón:
tremenda splashpage do número 14 da JLA
Canario Negro berrando
Os puristas, que perdoen por non pór a Mafalda nesta escolma gráfica 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS