RadioVoz moderniza a súa páxina web

Onte celebrouse un cóctel Cadius no que coincidín con Patricia Ferrol, quen comentou que xa activaran a nova web de RadioVoz, na que aínda faltan os contidos, pero que...

Onte celebrouse un cóctel Cadius no que coincidín con Patricia Ferrol, quen comentou que xa activaran a nova web de RadioVoz, na que aínda faltan os contidos, pero que presenta unha imaxe moderna e adianta o que será nos vindeiros meses.
nova web de RadioVoz
A páxina non ten moitas florituras pero encántame porque finalmente vai achegar algo que veño pedindo dende hai anos: podcasts. Vaia que así non vou perder un Al final del día, e podería seguir un debate de Voces de Galicia se á hora de emisión non puiden escoitar a radio (ou había algo interesante noutra emisora).
Ah, e Isidoro tamén terá un blog no novo espazo virtual, e xa estou subscrito aos seus RSS. Agardo que sexa unha boa achega da radio á Internet, para que nun futuro abran máis o medio á colaboración, pero polo momento confórmome con que teñan ao día esta prometedora nova web.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS