O meu refresco favorito cambia de imaxe

Boas tardes, chámome Marcus, e son adicto… á Pepsi Max. Non porque sexa anti-Coca-Cola, senón simplemente porque o sabor da Pepsi Max paréceme insuperable (entre os refrescos carbonatados). E...

Boas tardes, chámome Marcus, e son adicto… á Pepsi Max. Non porque sexa anti-Coca-Cola, senón simplemente porque o sabor da Pepsi Max paréceme insuperable (entre os refrescos carbonatados). E teño que incidir no feito de que é a Pepsi Max e non a Pepsi normal a que me mola, pois a segunda non me convence dende que cambiou de sabor hai uns 15 anos.
Agora estou un tanto flipado, porque os de Pepsi volven cambiar a súa imaxe. Digo volven porque antes as cores da Pepsi eran o branco e vermello que cambiaron polo azul (o que custou unha pasta gansa no seu día); e aínda que o cambio do seu logotipo non é moi radical, parece que o fan con elegancia:

A Pepsi normal conserva a súa cor azul, pero a Max ¡cambia a gris escuro! Eu agradezo o cambio, pois así será máis doada de atopar nos supermercados. Pero o mellor de todo é o anuncio para a SuperBowl que preparan (está sen confirmar) para anunciar a nova lata de Pepsi Max:

¡Estou ben! ¡Estou ben! Aínda que debín levar un golpe na cabeza, pois non deixo de pensar que as novas latas de Pepsi parcen deseñadas por Apple.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS