O primeiro número de Hexed pola cara

Mark Waid convida á xente a descargar de balde o primeiro número de Hexed: ¿Qué importancia ten ese cómic en cuestión? O feito de que se poida descargar en...

Mark Waid convida á xente a descargar de balde o primeiro número de Hexed:

¿Qué importancia ten ese cómic en cuestión? O feito de que se poida descargar en CBZ (formato ZIP coa extensión modificada para que a acepten as aplicacións de lectura de comics) é de agradecer, así coma o feito de poder botar un ollo a un primeiro número completo sen pagar un can, pero o realmente relevante é que a súa debuxante é Emma Ríos, ilustradora galega á que coñece de sobra calquera que se pasase por Viñetas desde o Atlántico ou estivese atento ás publicacións da xente de Polaqia. Agora publica nos EE.UU., aínda que na pequena BOOM! Studios, o que é sempre unha boa nova para o sector en Galicia. Haberá que seguir con atención o blog de Emma para ver cómo vai a súa carreira internacional, e crucemos os dedos para ver se remata facendo algo da liña Vértigo (iso si que molaría mazo).
Velaquí as páxinas no primeiro número de Hexed (por se non queredes descargalo):
Portada de Emma Ríoscréditospáxina 1páxina 2páxina 3páxina 4páxina 5páxina 6páxina 7páxina 8páxina 10páxina 11páxina 12páxina 13páxina 14páxina 16páxina 17páxina 18páxina 19páxina 20páxina 21páxina 22páxina 23páxina 24
Pinta ben, ¿verdade?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS