¡Thunder, Thunder, Thundercats!

A película dos Thundercats xa conta cun trailer: Je, je, se non chega a ser porque as escenas que se utilizan na montaxe son de películas e series de...

A película dos Thundercats xa conta cun trailer:

Je, je, se non chega a ser porque as escenas que se utilizan na montaxe son de películas e series de televisión doadas de recoñecer (Troya, El Planeta de los Simios, Farscape, Pitch Black…) a algún incluso daríalle o pego esta produción afeccionada.
Coido que deixan claro que unha película dos Thundercats podería estar ben, aínda que habería que decidir entre facela en animación 3D ou con actores reais. Iso si, eu prefiro que deixen morrer o conto, pois os recordos deste tipo de series de televisión normalmente son mellores que o seu revisionado, e quero gardar unha boa lembranza desta serie de animación que ata tiña videoxogo para Spectrum (o que parece que a Warner Bros non me vai deixar facer).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS