A película de Comando G non é de Comando G

¡Menudo suste levei hoxe! Vin imaxes do que será a película de Comando G (G-Force, en inglés) e atopei que se trata dunha película da Disney producida por Jerry...

G-Force non é o que parece
¡Menudo suste levei hoxe! Vin imaxes do que será a película de Comando G (G-Force, en inglés) e atopei que se trata dunha película da Disney producida por Jerry Bruckheimer que se estreará no verán de 2009 e que estará protagonizada por unhas cobaias adestradas para a espionaxe e que deberán salvar o mundo dun multimillonario chiflado.
G-Force segundo Disney
Incluso conta con Penélope Cruz dándolle voz á cobaia experta en artes marciais (¿quererá coller o relevo de Antonio Banderas nas películas de animación?).

Por sorte, todo quedou nun susto, e parece que a Disney aproveita o feito de que os dereitos das series de Comando G caducaron, polo que supoño que igual quedou libre a marca G-Force nos EE.UU. (¿cómo se chamará a película en España?). Ao final, a película real do Comando G de toda a vida chegará da man de Kevin Munroe (director da última peli das Tartarugas Ninja) e a empresa responsable, Imagi Animation Studios, a presenta na súa web, agardándose que se converta en realidade o ano que vén. Ou sexa, que ata é posible que coexistan nas carteleiras cinematográficas e nos estantes dos videoclubs.
Imaxe filtrada da película de Comando G
Polo momento esta última película responde ao nome de Gatchaman, quedando por ver se en España conservará tal nome ou se adaptará coma Comando G ou La Batalla de los Planetas. Ah, e incluso teñen un teaser:

Uff, xa podo respirar tranquilo, aínda que agardo que á peli de Disney non lle chamen Comando G en España, pois usurparía o nome dunha serie de animación á que lle teño moito cariño. ¡Mutación!

ACTUALIZACIÓN (31-12-2008): G-Force xa ten teaser:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS