Hulk VS estrea trailer

O DVD no que se enfrontarán as versións animadas de Thor e Lobezno con Hulk chegará ás tendas norteamericanas o 27 de xaneiro, en edición normal, edición especial con...

portada lenticular do DVD de Hulk VS
O DVD no que se enfrontarán as versións animadas de Thor e Lobezno con Hulk chegará ás tendas norteamericanas o 27 de xaneiro, en edición normal, edición especial con 2 discos e incluso noutra con carátula lenticular (da que podedes ver aquí as dúas imaxes que se ven ao mover a caixa), o que xa é bastante curioso para un produto que non pasou polo cine, pero o mellor que podemos ver desta sesión dobre é un novo trailer:

¡Impresionante! Coido que están a quecer motores para a nova película de Lobezno e para a serie de animación de Thor, e este DVD pode ser unha peza chave, aínda que sospeito que está máis dirixido a afeccionados aos comics que ás películas, ou iso penso ao ver a personaxes coma Omega Red ou Masacre ao contar a orixe de Arma X.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS