Mortal Kombat vs DC Universe ¡ten argumento!

Midway estreou hoxe o trailer do xogo Mortal Kombat vs DC Universe no que se amosa o argumento do xogo, que sospeito que será o que apareza no cómic...

Midway estreou hoxe o trailer do xogo Mortal Kombat vs DC Universe no que se amosa o argumento do xogo, que sospeito que será o que apareza no cómic que se incluirá na xa comentada edición de coleccionista. A introdución é realmente boa:

Como o xogo é simplemente de hostias nin sequera esperaba que se molestasen en explicar cómo era posible que se tiñan que enfrontar os personaxes do universo de Mortal Kombat co de DC, pero a colisión de mundos parece que será a recreación dunha das crisis ás que estamos afeitos nos comics, aínda que cunha selección de personaxes bastante discutible (¿qué pinta o Joker en todo isto?).
Xa vin varios dos vídeos do xogo no que se ven ataques finais e distintos modos de combate, e a cousa promete moito visualmente (o deseño do traxe de Green Lantern espero que se manteña na súa futura película), aínda que para ver se cumpre coa xogabilidade haberá que agardar unhas tres semaniñas. Agardo que este xogo sexa un bo divertimento mentres agardamos ao lanzamento de Street Fighter IV.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS