Portadas de libros con deseños orixinais

Para min, unha das editoriais que tivo un grande acerto na composición das portadas dos seus libros é sen dúbida O’Reilly, por tomar a decisión de meter imaxes de...

Libros de desenvolvemento empresarial de Krasis PressPara min, unha das editoriais que tivo un grande acerto na composición das portadas dos seus libros é sen dúbida O’Reilly, por tomar a decisión de meter imaxes de animais nas mesmas, dándolle un carácter diferenciador do resto de textos técnicos (os libros da editorial son principalmente de programación informática).
Seguindo na mesma liña tamén aplaudín no seu día o deseño das cubertas dos libros da galega Krasis Press, que colocan froitas na súa parte superior, dando un colorido bastante agradable a libros tradicionalmente moi sobrios.
Pero nos últimos días vin unha portada que me fixo rir, e crin que estaba feita en plan coña, coma co xerador de portadas falsas de libros de O’Reilly, que permite facer obras como a seguinte:
Xantar Marisco de O'Reilly
Pero non, resulta que o libro Ubuntu Kung Fu non só existe, senón que ten unha portada simpatiquísima:
Ubuntu Kung Fu
Non sei o que se está a cocer no mundo editorial, pero parece que cada vez teñen máis en conta do deseño, e aínda que un libro non se poida xulgar polas tapas, está claro que poden animar á xente a consultalo. Con este tipo de arriscados deseños poden conseguir lectores, e iso é algo que non se debe menosprezar hoxe en día.
Que no sector friki da Informática fagan apostas arriscadas se entende facilmente pero, ¿está a replicarse esta tendencia en textos noutos ámbitos? ¿Fóra de libros artísticos algunha editorial está a utilizar portadas curiosas e divertidas para animar temas tradicionalmente sosos ou excesivamente formais?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS