¿Vídeo a favor do Partido Popular?

Non coñecía o concurso de vídeos Come con Rajoy (que parecen estar desesperados por borrar da Internet dende o Partido Popular) pero a participación de El Hormiguero no mesmo...

Non coñecía o concurso de vídeos Come con Rajoy (que parecen estar desesperados por borrar da Internet dende o Partido Popular) pero a participación de El Hormiguero no mesmo me parece moi clara:

Non entendo cómo se pode entender que o vídeo podería estar remitindo unha mensaxe a favor do PP, pois o clip recolle tópicos negativos sobre os militantes do Partido Popular que van dende o pijerío ata o racismo, xunto coa estulticia de culpar a Zapatero pola crise de Wall Street. Amais, o vídeo non cumpre coas bases do concurso ao que se presentou así que o que non entendo é ¿cómo os do PP picaron e colaron o vídeo na súa conta de YouTube? ¿Non se decatan de que o tema non vai ser un Chiquilikuatre e vai contra os seus intereses?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS