Semana cargada de trailers de videoxogos

Esta semana co gallo do Tokyo Game Show se presentaron moitos trailers de videoxogos altamente recomendables (os xogos e os trailers), comezando polo do anticipado Street Fighter IV (que...

Esta semana co gallo do Tokyo Game Show se presentaron moitos trailers de videoxogos altamente recomendables (os xogos e os trailers), comezando polo do anticipado Street Fighter IV (que finalmente parece que chegará a PS3, Xbox 360 e PC o 31 de xaneiro, pese a que se agardaba para antes do Nadal):

Pero se non chega con ver a personaxes clásicos coma Ken e Ryu dándose de hostias, no mesmo xénero tamén se confirmou que a saga de Tekken deixaba de ser exclusiva de Sony, polo que o Tekken 6 tamén chegará a Xbox 360:

Un trailer que chamou moito a atención foi o de Prince of Persia, pola súa elección musical (a canción Breath Me de Sia) e coidada estética:

Tamén con música tristona chegou o último trailer (que parece ser o definitivo) de Spider-Man: El Reino de las Sombras:

Este xogo podería ser o primeiro xogo decente de Spider-Man en moitísimo tempo, e pese a que xa leva uns cantos trailers, parece que o seu mellor vídeo promocional e no que imitan ás películas con consellos de supervivencia que se editaban en tempo de guerra nos EE.UU.:

E xa para rematar, publicar un vídeo sobre Let’s Tap, un novo xogo para Nintendo Wii que demostra que aínda se pode innovar nas interfaces de xogo:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...