A peli do Son Goku non é o que moitos agardan

Antes de que comezase a produción da película de Dragonball se falaba de que Keanu Reeves podería facer o papel de Son Goku, o que cheiraba máis a unha...

Son Goku e BulmaAntes de que comezase a produción da película de Dragonball se falaba de que Keanu Reeves podería facer o papel de Son Goku, o que cheiraba máis a unha tolería nacida do éxito de Matrix, pero cando chegaron os datos reais da película a xente comezou a coller medo, porque o argumento da peli non tiña apenas nada que ver coa serie de televisión, o que era inevitable (senón, teriamos unha obra coma a filipina Dragon Ball: The Magic Begins, que aínda que tiña o seu encanto, está moi lonxe do que hoxe a xente vai ver ao cine), polo que dende un primeiro momento teriamos que agardar un produto totalmente distinto.
Uruloki vén de amosarnos unha versión do que podería ser o trailer da película (está claro que a peza está sen rematar) e permite sacar moitas conclusións:

Eu téñoo clarísimo: a película é unha revisión de El Monje cos personaxes de Dragonball, sendo unha mágoa que o mestre Mutenroit (ou Muten Roshi) remate sendo un irrecoñecible Roshi (que dista moito de ser un vello verde, e parece ser un calco do monxe que xa interpretara Chow Jun Fat).
Aínda que os protagonistas (bos e malos) parezan estar sacados dos primeiros episodios da serie, Pilaf coma malvado inimigo non pintaría nada, polo que apostaron por Picoro moi mal encarnado por James Marsters, que sería o que dá máis arrepíos das imaxes que se ven polo momento pero eu teño claro o que teremos nas pantallas grandes: unha película de artes marciais coma moitas outras (El Monje, Mortal Kombat ou Dead or Alive).
Si, Dragonball no cine non vai ser unha obra tan divertida como na televisión, pero eu estou certo de que o vou pasar ben véndoa, pois gusto das pelis cutres de artes marciais. A meirande parte dos seguidores da serie de animación botará pestes, pero non se podía agardar nada mellor dunha adaptación imposible (especialmente porque Jackie Chan vai moi velo para interpretar a Son Goku). ¿Acaso poderían facer algo digno adaptando a serie do Dr. Slump e Arale ou mesmo a de Shin Chan?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS