A banda larga galega é moi estreita

Cando moitos blogueiros galegos nos xuntamos nos Pendellos de Agolada, a xente do lugar se queixaba de que aínda non podía acceder á Rede por banda larga, e agora...

caracois
Cando moitos blogueiros galegos nos xuntamos nos Pendellos de Agolada, a xente do lugar se queixaba de que aínda non podía acceder á Rede por banda larga, e agora no Anuario Económico do 2008 publicado por La Caixa deixa constancia dos datos reais en 2007, relatando unha situación realmente preocupante no interior galego. Resulta que 34 concellos galegos non tiñan ningunha conexión de banda larga en 2007, e non parece que a cousa cambiase moito.
Se miramos o contorno de Melide a cousa mete medo:
-Melide: 535
-Toques: 0
-Santiso: 2
-Arzúa: 357
-Palas de Rei: 140
-Agolada: 0
-Curtis: 305
-Vilasantar: 12
Se ben xa coñecía o caso de Agolada, que en Toques non haxa banda larga mete medo, e o feito de que en Santiso haxa só 2 conexións podería indicar que si hai infraestrutura e non demanda (o que sería moito peor) dándose a entender que as liñas actuais corresponden ao Concello 🙁
Iso si, gusta ver que en Melide a cousa vai relativamente ben. E digo relativamente porque, por exemplo, na Coruña hai 1 liña de banda larga por cada 5,6 habitantes (o que estaría ao mesmo nivel doutras cidades do Estado), mentres que en Melide é de 1 liña por cada 14,8 habitantes.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS