Wall-E e o humor de Antena 3

Cando no cine se estrea unha película dunha saga, é tradicional que na televisión se emitan as anteriores entregas por aquilo de arrastrar audiencia (nos dous sentidos), pero os...

Cando no cine se estrea unha película dunha saga, é tradicional que na televisión se emitan as anteriores entregas por aquilo de arrastrar audiencia (nos dous sentidos), pero os de Antena 3, facendo todo un alarde de orixinalidade, programan para o sábado pola noite a película Corto Circuito, da que o seu protagonista, o robot Johnny 5, garda certa semellanza a Wall·E, a última obra de Pixar que chega esta fin de semana aos cines españois, como queda en evidencia na propia web de Antena 3:
Corto Circuito e Wall·E conviven na web de Antena 3
¿Coincidencia? ¡Seguro que si!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS