Novos posters da película de Watchmen

Na Comic-Con de San Diego veñen de publicar 6 novos posters da película de Watchmen que son toda unha homenaxe á serie de comics orixinal: A min encántame o...

Na Comic-Con de San Diego veñen de publicar 6 novos posters da película de Watchmen que son toda unha homenaxe á serie de comics orixinal:
Buho NocturnoDr. ManhattanSally Jupiter
OzymandíasComedianteRorschach
A min encántame o póster no que sae Ozymandías, polo mero feito de que replica o anuncio da serie cando a publicou Zinco en España hai unha porrada de anos.
Tamén hai que agradecer á xente do blogue brasileiro Omelete
por publicar as imaxes, o que podería provocar toda unha avalancha de visitas, pois están a facer referencia aos posters en moitos blogs de todo o mundo.
Coido que este tipo de campañas publicitarias son moi positivas, pois meten aos seguidores á obra orixinal no peto, e logo a película vai ter máis posibilidades de agradar. Que así sexa.

ACTUALIZACIÓN: Recomendo ver unha web na que comparan os debuxos orixinais cos posters presentados na Comic-Con.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS