Esta Mañana

Pola mañá no programa Esta Mañana (non se matan cos nomes) de Televisión Española comentaron que Vigo era a localidade española coa temperatura máis suave nunha xornada calurosa, coa...

Pola mañá no programa Esta Mañana (non se matan cos nomes) de Televisión Española comentaron que Vigo era a localidade española coa temperatura máis suave nunha xornada calurosa, coa aparición dalguén coñecido:

¡Si! O tío en pantalla é Carlos Gulías (e a súa rebequita), a quen moitos recoñeceredes dos programas Écheoquehai da desaparecida Código TV (Santiago de Compostela) ou O Peneirín de Dez TV (Lalín). Non sabía que agora estaba facendo de corresponsal para o ente público, así que dende aquí mándolle unha aperta e deséxolle moita sorte nesa nova andaina.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS