A revolución dos xogos roqueiros en Por fin es sábado

Esta mañá falei con Mayte González en Por fin es sábado da revolución que están a supor os xogos tipo Guitar Hero, que xa son unha canle de comercialización...

Esta mañá falei con Mayte González en Por fin es sábado da revolución que están a supor os xogos tipo Guitar Hero, que xa son unha canle de comercialización musical, de xeito que os Guns N’ Roses van a estrear o primeiro single do seu primeiro álbum en 14 anos dentro do Rock Band 2 e Metallica vai sacar o seu disco simultaneamente en CD e en descarga para Guitar Hero:


Medion Akoya Mini en MediaMarktTamén comentamos que xa estaban á venda os novos ultraportátiles de baixo custo en España. Non dixemos os nomes das tendas, pero teño que avisar que o equipo que paga a pena é o Medion Akoya Mini (con 1 Gb de RAM e disco duro de 80 Gb) que venden no MediaMarkt (Vigo) por 399 euros, xa que ten unha batería de 6 celas e unha pantalla de 10 polgadas. É un dos ultraportátiles máis equilibrados que hai.
Que queira gastar menos cartos tamén pode optar por un Acer Aspire One en PC City (A Coruña e Santiago) que custan 299 euros no seu modelo máis básico (só 512 Mb de RAM, disco de 8 Gb, pantalla de 8,9 polgadas e batería cutre), o que estaría ben pra un usuario que queira un equipo para transportar, pero non para un uso máis intensivo.
Ou sexa, que se alguén está pensando nun ordenata para tomar apuntes na Facultade, o ideal é o Medion Akoya Mini, que non é máis que un MSI Wind remarcado (vaia, que se pode atopar tamén con outras marcas, sendo o máis económico o Advent 4211, que só se vende no Reino Unido polo momento). Resulta curioso que poida cambiar o prezo dun equipo ao que só lle cambian a chapa do nome (coinciden os números de serie dos compoñentes).

Por último, destacar que en tendas coma PC City aínda venden os ultraportátiles de baixo custo con pantallas de 7 polgadas a un prezo superior aos de 8,9 polgadas, o que indica que os prezos están sen actualizar, e que a situación cambiará á volta do verán, cando chegarán máis modelos, así que mentres hai que ter tino, pois quen pense que pagando máis pode levar un equipo mellor pode estar moi enganado.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...