I Festival das Artes e das Letras de Melide 2008 e a nova páxina web artemelide.com

O outro día Patricia de la Torre entrevistou en Correo TV á artista sita en Melide, Rebeca Ponte, e falaron dun festival melidense do que non tiñan escoitado nada,...

I Festival das Artes e das Letras Melide 2008
O outro día Patricia de la Torre entrevistou en Correo TV á artista sita en Melide, Rebeca Ponte, e falaron dun festival melidense do que non tiñan escoitado nada, e agora o Concello dá detalles en rolda de prensa.
Artemelide.comParece bastante raro que o acontecemento se reparta por todo o mes de xullo, levando ás fins de semana os actos máis importantes (o que garante unha maior asistencia de público). Pero quizais o que me sorprendeu máis foi que se crease unha páxina web para o evento na que se pode consultar o programa completo do Festival e achegar máis información sobre o Concurso de Artes Plásticas. Supoño que o espazo virtual nace con vocación de permanencia, para futuras edicións, aínda que queda por ver a acollida que a vila dá a estas manifestacións culturais que poderiamos considerar minoritarias.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS