A Industria discográfica está morta para Gene Simmons (KISS)

Moitos blogs están a falar esta semana dunhas declaracións de Gene Simmons (líder de KISS) contra as descargas de música a través da Internet, de xeito que equiparan a...

Moitos blogs están a falar esta semana dunhas declaracións de Gene Simmons (líder de KISS) contra as descargas de música a través da Internet, de xeito que equiparan a súa postura á de Metallica, e acusan a Simmons de non saber asumir o pouco éxito dos últimos discos de KISS. Pero se vemos a entrevista na que Simmons falou do tema con Dave Navarro igual chegamos a outra conclusión:

Ver transcrición ▼

Vaia, se ao final ten razón. Si, a compra de música a través da Internet chegou moi tarde, e a xente xa está afeita de descargar contidos audiovisuais de balde. Cambiar o panorama é case imposible. Podemos culpar a quen queiramos, pero está claro que vivir de gravar discos (que o facían algúns) xa non é posible, e para vivir da música hai que dar concertos. Iso é o que di Gene Simmons, e aínda que poidamos non estar dacordo nas formas, no fondo o seu discurso é moi realista. Non entendo por qué o critican por asinar o certificado de defunción da Industria discográfica, que está tan morta, porque o CD xa non é un soporte viable (¿cómo se reproduce un disco no iPod?).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS