O iPhone e o tep tepetep tepetep

O outro día, ao comentar os defectos do iPhone, esquecín un detalle que nun principio podería parecer obvio: o terminal é un teléfono. ¿Qué problema hai a que o...

O outro día, ao comentar os defectos do iPhone, esquecín un detalle que nun principio podería parecer obvio: o terminal é un teléfono.
¿Qué problema hai a que o iPhone sexa un teléfono? Chega con deixar unhas horas un móbil normal ao lado dun monitor CRT ou duns altofalantes para ver que non se levan ben cos teléfonos, xa que de cando en vez (especialmente ao recibir unha chamada ou un SMS) se produce unha interferencia que é especialmente molesta, que no casos dos altofalantes pode traducirse nun ruído constante ou nuns intervalos que poderiamos definir coa onomatopea tep tepetep tepetep. Seguro que todos sabedes do que estou a falar. Pois ben, cando empregamos o iPhone coma reprodutor multimedia e, por exemplo, cambiamos de cela de telefonía móbil, podemos padecer unha desas
interferencias. Eu noto sempre ese molesto son cando vou no coche e paso polo centro de Oza dos Ríos.
Nun principio ese detalle podería non ter moita importancia se non fose porque estando quieto e sen recibir chamadas tamén pasa con certa frecuencias. Sen ir máis lonxe, en non podo deixar o iPhone polas noites sobre o meu radio-CD-espertador, porque aleatoriamente fai uns ruídos molestos que interrompen o meu sono nocturno. Non é coña, aínda que se pode arranxar afastando o iPhone só uns centímetros. O peor diso é que as bases para altofalantes para os iPod tamén reproducen o mesmo problema, polo que é toda unha carallada. Tede iso moi en conta se ides mercar un iPhone: pasade dos altofalantes que din que están feitos para o iPod e mirade que estean adaptados para o iPhone.
altofalantes para o iPhone de DLOAviso de tal porque DLO ten uns altofalantes amplificados (funcionan con 4 pilas AAA ou conectados a
corrente) que están pensados para o seu uso co iPhone, e están libres de interferencias. O seu prezo é duns 49,95 dólares (aínda non os vin en tendas españolas, pero supoño que chegarán no verán). Algúns dirán que son un tanto esaxerado co asunto, pero postos a mercar uns altofalantes para o iPhone (moitos pasan dos 100 euros) penso que é necesario botar un ollo ás súas especificacións, para non arrepentirse de tal investimento.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...