Secret Invasion nº 3

Non, non estou a seguir a serie Secret Invasion na súa edición americana, pois agardarei a que chegue a España, pero é imposible permanecer inmune aos spoilers que circulan...

portada do nº 3 de Secret InvasionNon, non estou a seguir a serie Secret Invasion na súa edición americana, pois agardarei a que chegue a España, pero é imposible permanecer inmune aos spoilers que circulan pola rede coma os que destripan o número 3 da nova saga da Marvel. Lede se queredes, pero a min a cousa comeza a parecerme unha tomadura de pelo. ¿Por qué? Pois porque me parece que o plaxio de Battlestar Galactica xa é totalmente descarado. Recapitulemos:
A saga de Secret Invasion parte do feito de que os malvados Skrull levan anos preparando unha invasión á Terra, para o que infiltraron a unha chega de espías entre os superheroes, que eles mesmos non saben que son Skrull, de xeito que serían os axentes perfectos. Coma os Skrull poden cambiar de forma, digamos que a cousa pode colar, e tamén serve de desculpa para arranxar certas incoherencias dalgunhas coleccións. Vaia, que se algún personaxe non encaixa, din que é un Skrull, e o quitan de diante.
¿Por qué iso é moi descarado? Pois porque a principal novidade da serie de televisión actual de Galactica con respecto da que se emitiu nos anos 80 está en que desta volta os Cylon (tamén coñecidos coma cilones) teñen aparencia humana, polo que hai un número deles infiltrados entre os humanos, e eles mesmos non o saben. Todo se destapa cando unha das protagonistas, Boomer, tolea e intenta matar ao seu superior, Adama. Este mesmo argumento se está a replicar no Universo Marvel, e a historia estaría moi ben se non fose porque coincide coa dunha serie de televisión en curso e tamén se parece a unha macrosaga de DC de hai bastantes anos (a dos Manhunter).

Pero a cousa vai moito máis aló no número 3 de Secret Invasion, e se vos atrevedes, mirade as seguintes páxinas:
1º fragmento do número 3 de Secret Invasion2º fragmento do número 3 de Secret Invasion3º fragmento do número 3 de Secret Invasion

¡¿Pero de qué van?! ¡¿Agora resulta que Iron Man é Gaius Baltar?! ¿Qué será o próximo? Deixádeme adiviñar: un grupo de superheroes acordan nunha illa misteriosa na que Charles Xavier non precisa da cadeira de rodas e a historia desenvólvese a través de distintos flashbacks 😮

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS