Yoigo xa rula con Movistar en Melide

Hai cousa dun mes contei a miña experiencia de paso dunha conexión á Internet mediante o móbil a través de Yoigo (que ía a uns 40 Kbps) e o...

Hai cousa dun mes contei a miña experiencia de paso dunha conexión á Internet mediante o móbil a través de Yoigo (que ía a uns 40 Kbps) e o cambio que experimentei ao pasar a Simyo (que chegaba aos 384 Kbps aínda que cun límite de transferencia de 100 Mbytes ao día). Tamén indiquei que iso podería cambiar no futuro, e finalmente é así, pois agora Yoigo xa funciona a través da rede de Movistar (aínda que en Melide tiven que seleccionar tal rede manualmente) o que fixo que me conectase por 3G (ou sexa, ata un máximo de 384 Kbps, como Simyo) pero cuns resultados sorprendentes na velocidade de subida:
test de velocidade de Yoigo empregando a rede de Movistar
Pareceume moi raro que a conexións tivese tanta velocidade de subida e pouca de baixada, polo que probei tamén co velocímetro de R:
test de velocidade de R
Aínda que os tests discremen sobre a velocidade de baixada, polo momento parece bastante estable segundo as estatísticas que presenta o modem USB co que me conectei:
Datos reais e descarga
Neste caso é unha medida de velocidade de descarga real, que anda polos 46,7 Kbytes/seg. ou sexa 374 Kbps, o que está moi preto dos 384 Kbps máximos das conexións UMTS. Vaia, que a conexión vai moi ben, aínda que agora queda por confirmar que non teñen límite de descarga. Lembremos que Yoigo cobra 1,2 euros por cada día de conexión (os días que non te conectas, non os cobran), pero haberá que agardar para saber se, superada unha transferencia mensual, reducen a velocidade das conexións (iso facían nalgúns sitios nos que daban conexión mediante rede propia).
Con este panorama melloramos as nosas opcións de conexión, pois podemos empregar Simyo os días nos que imos descargar poucas cousas (pois cobran 99 céntimos/día cun tope de 100 Mbytes) e podemos elixir a Yoigo cando queiramos non estar pendentes das descargas (ou cando queremos descargar as actualializacións do sistema operativo) aínda que pagando un pouco máis. Tamén podemos elixir unha conexión ou outra segundo a cobertura que teñamos con cada operadora (Yoigo usa Movistar e Simyo emprega Orange). Ou sexa, que as miñas apreciacións de hai un mes xa están desfasadas, e onde dixen digo digo Diego.
ACTUALIZACIÓN: Onde dixen digo agora digo Rodrigo. parece que ao pasar de certa cantidade de descarga (pola noite descargara un 85 Mbytes), Yoigo vai coma o carallo. Baixa de UMTS a GPRS no tocante á velocidade, e resulta case imposible navegar así. Ou sexa, que ao final tanto Simyo coma Yoigo teñen un tope de transferencia diario, pero a diferenza está en que pasado ese tope Simyo cobra máis e Yoigo reduce a velocidad. Tendo en conta que Simyo é máis barato e non ten consumo mínimo mensual parece unha mellor opción sempre que controlemos un pouco as descargas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS