Así vin Eurovisión

O Festival de Eurovisión é un evento que este ano tivo un seguimento impresionante en España grazas a Rodolfo Chikilicuatre (non lembro a última vez que vira o certame...

O Festival de Eurovisión é un evento que este ano tivo un seguimento impresionante en España grazas a Rodolfo Chikilicuatre (non lembro a última vez que vira o certame cos meus pais), pero o programa de televisión demostrou ser un auténtico aburrimento, do que nin os espectáculo nin o humor destacaban moito, pero houbo algún momento que aínda se salvaba.
Así, o representante británico, Andy Abraham (nada que ver cos Pitufos) o fixo bastante ben co seu Even If:

Pero houbo unha actuación que si que me impresionou, pois deixou a frikada de Rodolfo á altura do betún. Falo de Bosnia Herzegovina, pois o seu representante, Laka, escenificou unha cousa totalmente surrealista cunha canción, Pokušaj, que me lembraba a algún tema dos Smashing Pumpkins (sen ánimo de ofender). Para min foi unha canción da que gustei xunto cunha posta en escena ridícula coa que escachei coa risa:

E dende A Coruña tamén teño que apoiar a Turquía, que co tema Deli de Mor ve Ötesi parecían querer emular a Muse:

Aínda que a mellor combinación de posta en escena e tía cachonda foi sen dúbida a de Ani Lorak por Ukrania co tema Shady Lady:

E logo, Francia fixo algo realmente espectacular, pois demostrou que alí lle tiñan o mesmo respecto a Eurovisión que en España, e Sébastien Tellier (quen tiña un aire a Eugenio) apareceu cantando Divine acompañado dunhas mulleres barbudas:

E aínda que Finlandia quixo repetir cun grupo heavy, estaba claro que non tiñan a uns novos Lordi; pero Elnur & Samir de Azerbaijan co seu Day After Day souberon ocupar tal lugar cun espectáculo bastante chulo:

Pero aínda que Ani Lorak fose a cachonda da noite non podo esquecer a Kalomira, que é o amor platónico de Rodolfo Chikilicuatre, e se moveu moi ben no escenario:

Como diría Miki Nadal, “¡ai, omá, qué rica!”.

Precisamente o rollo Kalomira-Rodolfo está a dar moito xogo en La Sexta, pero parece que en Grecia tamén pasou o mesmo, de aí que desen 8 puntos a España. Como proba, este corte televisivo:

A min a actuación de Rodolfo Chikilicuatre non me convenceu (aínda que o fixo moito mellor que nos ensaios) porque prefiro mil veces a canción orixinal que a versión eurovisiva:

Un detalle que non podemos esquecer é que Rodolfo conseguíu mellorar a posición de España dos últimos 3 anos, aínda que continúo a pensar que o concurso é un tongo absoluto.

E, para rematar, velaquí o gañador, Dima Bilan e o seu Believe:

A min moloume ver a Evgeny Pluschenko patinando (o de levar un Stradivarius pareceume fóra de lugar), e a canción non paraba de lembrame a un tema xenérico durante os títulos de crédito dunha serie de animación xaponesa. ¿Non vos pasa o mesmo?

Rematado o certame, en La 1 emitían un especial para tirar proveito do éxito acadado, pero paralelamente no programa La Noria de Telecinco foron sumamente rastreiros, a que se dedicaron a atacar a TVE e a Rodolfo con argumentos ridículos. Dicir que TVE lle seguiu o xogo a La Sexta cando lle puxeron unha chea de atrancos ao Chikilicuatre para que non fose elixido (lembremos cómo na gala de selección do candidato cambiaron o valor das chamadas e SMS previos e dixese que o Chiki Chiki era “una broma de Internet”) e omitían informacións coñecidas por todos. Por exemplo, estaban insinuando que o Chiki Chiki estaba a darlle cartos a La Sexta a cargo de cartos públicos, coma se TVE non levase un can, cando o certo é que TVE foi que explotou os dereitos da versión da canción que foi a Eurovisión (El Terrat quedou coa versión orixinal anterior). Si, si, fixeron moitos cartos, pero non a costa do erario público (senón das persoas que mercaron os politonos e produtos semellantes).
Cando lles interesa moitos esquecen que Eurovisión é un festival que non lanza a estrelas musicais (cando foi algunha vez que o certame axudou á carreira dun músico), que as votacións están amañadísimas, que en cada país empregan un sistema diferente para elixir candidatos e votar (nuns elixe o público, un xurado ou unha combinación de ambos), que en España hai anos que ninguén fai caso a Eurovisión (agás os chamados eurofans) ou, simplemente, que a candidatura de Rodolfo Chikilicuatre foi algo promovido polos moitos seguidores do fenómeno, e non se trata dunha conspiración (coido que Buenafuente foi o primeiro sorprendido do éxito acadado).
Admitámolo, Rodolfo Chikilicuatre foi o mellor que lle puido pasar ao concurso, e se fose Coral (que quedara segunda a nivel español) non seguiría a gala nin diola.

Hai que destacar outra consecuencia do Chiki Chiki, e é que, tras tanto frikerío pola noite, a xente esqueceu completamente o Día do Orgullo Friki, que se celebraba hoxe, e que resultou eclipsado totalmente, pois os medios tiñan outros temas simpáticos que tratar, e iso que esta semana se estreara unha película de Indy (polo que igual poderían atopar a alguén disfrazado para os informativos). Terá que vir outra triloxía de Star Wars para que o mundo friki volva a reivindicar o seu orgullo.

ACTUALIZACIÓN: Xa se coñecen as audiencias do certame de Eurovisión 2008 e non podían ser mellores:

La actuación de Chikilicuatre en Eurovisión reunió a cerca de 14 millones de espectadores
La edición más vista del Festival desde el año de Rosa

El festival de Eurovisión que se celebró el pasado sábado en Belgrado reunió a 9.336.000 millones de espectadores, lo que supone una cuota media del 59.3% de la audiencia. Con estos datos, esta edición del certamen se ha convertido en la más vista desde el año 2002 en el que participó Rosa (80.4% y 12.755.000 espectadores).

Durante el tiempo de votaciones (desde las 23:15 hasta las 24:15 horas), la cadena pública registró una media del 62.8% de share y 10.619.000 seguidores. Además, el instante de la actuación del representante español logró reunir frente al televisor al 78.1% y 13.873.000 espectadores.

Por su parte, el programa “Salvemos Eurovisión con Chikilicuatre”, presentado por Raffaella Carrà, anotó un 18% y 1.721.000 seguidores en la franja de tarde. Este especial no logró superar al Multicine de Antena 3, que con la película “El coleccionista de novias” logró un 22.6% y 2.228.000 espectadores.

Los excelentes resultados del festival permitieron a La 1 liderar el sábado con un 30.3% de share, muy por encima del resto de cadenas.

AUDIENCIAS EUROVISIÓN ÚLTIMOS AÑOS

– Eurovisión 2007 (D’Nash): 28% y 3.373.000
– Eurovisión 2006 (Las Ketchup): 38.9% y 4.892.000
– Eurovisión 2005 (Son de sol): 35.5% y 4.712.000
– Eurovisión 2004 (Ramón): 50.1% y 6.826.000
– Eurovisión 2003 (Beth): 58.4% y 8.790.000
– Eurovisión 2002 (Rosa): 80.4% y 12.755.000
– Votaciones: 85.2% y 14.380.000
– Eurovisión 2001 (David Civera): 45.7% y 5.614.000

E dende El País engaden que:

el programa emitido por una sola cadena más visto en los últimos seis años

Ou sexa, que os críticos poderán dicir o que lles dea a gana, pero o certo é que o sábado pola noite estaba perreando case toda España.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS