Os novos xeitos de publicar a través da web en RadioVoz

Hoxe en Voces de Galicia estiven a falar con Isidoro Valerio das novas revolucións que nos permite achegar cousas do mundo real ao virtual e viceversa. Así, temos que...

Hoxe en Voces de Galicia estiven a falar con Isidoro Valerio das novas revolucións que nos permite achegar cousas do mundo real ao virtual e viceversa. Así, temos que podemos publicar revistas a través de Issuu, un servizo revolucionar que presenta as publicacións dun xeito moi atractivo (coma podedes comprobar co último número de Código Cero) e podemos converter as nosas presentación con audio en vídeos para ver na Rede ou copiar a un iPod a través de AuthorStream como se ilustra no seguinte exemplo:

Pero o máis impresionante da pasada semana foi a presentación de Bubok de cara ao Día do Libro que se celebra nos vindeiros días. Esta web nos permite crear os nosos propios libros, de xeito que con só subilos en PDF e definir as súas características os podemos incluír nunha tenda virtual na que se ofrecen tanto en descarga como en soporte físico. Agora xa non hai atrancos para poder facer os nosos libros, aínda que esta iniciativa tardou bastante en chegar (a impresión baixo demanda leva bastantes anos funcionando en España, con pouco éxito) e me gustaría que servise de plataforma para que moitas obras que ata o momento se limitaban á Rede poidan saltar ao mundo real.

O asunto dos Service Pack tamén é algo que dá moito que falar, e parece que o SP3 de XP é unha auténtica gozada que mellora o rendemento do sistema operativo de Microsoft ata un 20% (¡aínda irá máis rápido!), pero non puiden evitar defender o SP1 de Vista. Agora que o último Windows se vai asentando, e os programas dos distintos fabricantes se foron adaptando (así coma o hardware) a estabilidade e o rendemento xa non ten nada que ver ao de hai 1 ano. Nos seguintes días falarei máis do tema.

Blusens P37Saltando finalmente aos gadgets, desta volta tocou falar ben do fabricante compostelán de electrónica de consumo, pois o Blusens P37 promete bastante, cunha pantalla táctil de 2,8 polgadas, 4 Gb de memoria, lector de tarxetas microSD, altofalante traseiro, gravador de voz, radio FM e un prezo dun 100 euros, de xeito que sairá moito máis barato que dispositivos coma os de Apple, aínda que para consumidores menos esixentes (especialmente a nivel de deseño).

E para rematar o programa comentamos os revolucionarios Promo Tonos de Orange, que permiten aforrar aos usuarios cartos nas súas facturas telefónicas grazas a publicidade que reciben as persoas que os chaman mentres non descolgan o móbil.

Podedes escoitar o programa a continuación:

Por desgraza non tivemos tempo para falar de temas coma o cine en 3D, o éxito de vendas de Mario Kart, que os Sims superaron os 100 millóns de copias vendidas ou que xa se pode descargar de balde o xogo TrackMania Nations Forever.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS