El Periódico celebra o comezo do Saló del Còmic cunha portada de Milo Manara

Hoxe o xornal El Periódico amanece cunha portada impactante: poñen unha ilustración feita por Milo Manara para ilustrar o machismo co que moitos ven ao novo Goberno de España...

Portada de El Periódico cun debuxo de Milo ManaraHoxe o xornal El Periódico amanece cunha portada impactante: poñen unha ilustración feita por Milo Manara para ilustrar o machismo co que moitos ven ao novo Goberno de España e, especialmente, que Carme Chacón ostente a carteira de Defensa.
Deste xeito, a publicación catalá fai unha carambola, pois trata un tema de actualidade á vez que celebra que hoxe comeza o Saló Intenacional del Còmic de Barcelona. Supoño que a portada só fará graza aos frikis de media Europa, pero a min faríame ilusión que servise de exemplo, e que cando comece Viñetas desde o Atlántico xornais como La Voz tivesen algún detalle sobre o evento que fose máis aló da cobertura do mesmo. Vaia, que se poñen un debuxo de Luis Royo, Alfonso Azpiri ou Miguelanxo Prado tería o seu aquel, pero temo que nas publicacións galegas a cousa non funcione, pois teñen portadas tradicionais, e non con maquetacións artísticas coma os diarios deportivos ou Público, que é sen dúbida o xornal coas mellores portadas que temos actualmente en España. Para mostra desto último, velaquí unhas portadas dos últimos días:
portadas de Público dos últimos días
Nun momento no que os medios impresos están en crise, ¿atreverase algunha cabeceira galega a innovar no seu deseño?
ACTUALIZACIÓN: Xa están a denunciar que a portada de El Periódico é machista. Non creo que ninguén pense que Carme Chacón e unha chica Manara, nin que Manara ía cambiar de estilo debuxando só para satisfacer a algúns carcas (¿acaso criticarían un debuxo de Jan caricaturizando a un político?). Incluso apostaría algo a que case todos os visitantes ao Saló van levar de recordo un exemplar do xornal, polo que a homenaxe do cómic da man dun dos debuxantes europeos máis coñecidos parece todo un acerto.
ACTUALIZACION (II): En El Periódico publicaron un vídeo co proceso de creación do debuxo de Manara:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS