Achmed, o terrorista morto, e Melvin, o superheroe

O meu irmán recomendoume ver o vídeo de Achmed, o terrorista morto, e tras escarallarme de risa teño que poñelo aquí: O Jeff Dunham sabe facer rir, e tamén...

O meu irmán recomendoume ver o vídeo de Achmed, o terrorista morto, e tras escarallarme de risa teño que poñelo aquí:

O Jeff Dunham sabe facer rir, e tamén lle bota un bo par de ovos, pois meterse cos musulmáns é un chisco perigoso hoxe en día. ¡Cagüen Alá! 😛

Pero Dunham non se mete só cos terroristas, senón que tamén fai burla dos superheroes:

En dúas palabras: Im-prezionante.
Quen quede con ganas de ver máis deste ventrílocuo, pode ver a súa actuación con Walter (parte 1 e parte 2) e con Peanut (parte 1 e parte 2).
Vendo que este artista é xenial, e que en Britain’s Got Talent tamén tivera boa acollida Damon Scott, pregúntome: ¿por qué en España os ventrílocuos están desaparecidos en combate? ¿Ninguén quere seguir a estela de José Luis Moreno?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS