Xa se pode traducir o Windows Vista ao galego

A finais de xaneiro e este luns se deu a coñecer que a vindeira semana se presentará oficialmente esta tradución, pero o que se lle escapou de xeito xeral...
Office 2003 Windows XP Windows Vista

Faille un clic ao galegoA finais de xaneiro e este luns se deu a coñecer que a vindeira semana se presentará oficialmente esta tradución, pero o que se lle escapou de xeito xeral aos medios é que o paquete de tradución de Vista ao galego leva dispoñible para a súa descarga dende o 6 de marzo.
Eu espero poder asistir á para coñecer polo miúdo cómo será a comercialización do Vista en galego (pois parece ser que varios fabricantes van vender equipos en galego, aínda que sospeito que se venderán case en exclusiva á Administración). Empezará así a campaña Faille un clic ao galego, que eu xa quero comezar dende aquí. Iso si, sospeito que todo vai ser un copy & paste da campaña catalá que comezou hai un ano. ¿Por qué nos levarán sempre a dianteira? (fixémonos en que a web promocional está baixo o dominio microsoft.cat, e nós teremos aínda que agardar para ter un .gal operativo).
Iso si, a presentación do Vista en catalán que fixeron dende TV3 me pareceu moi pavera:

¿Farán algo semellante dende a TVG? ¿Veremos a Belén Regueira ou a Yolanda Castaño dentro dun ordenador con Windows Vista? Se non houbese problemas cos dereitos, eu apostaría por unha versión protagonizada polo Shin Chan 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...