Rober Bodegas na Sala 600

Esta noite actúa o simpático Rober Bodegas (gañador de El Rey de la Comedia) na melidense Sala 600, e agardo que nos faga pasar unha boa velada. Coido que...

Rober Bodegas na Sala 600Esta noite actúa o simpático Rober Bodegas (gañador de El Rey de la Comedia) na melidense Sala 600, e agardo que nos faga pasar unha boa velada. Coido que vai pasar media vila por alí, xa que nos sitios onde vendían as entradas anticipadas xa quedaban poucas (e moita xente non se arrisca a mercalas con antelación nunhas datas tan sinaladas).
O Bodegas está que racha coa pana, non só arrasa na televisión e en directo, senón que algún dos seus vídeos en YouTube xa supera as 100.000 visualizacións. Agardo que os monólogos que solte en Melide non coincidan moito cos da televisión, aínda que tampouco agardo nada do outro mundo. Con pasar un bo intre xa é dabondo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS