Coidado co HTC Shift de Movistar

Estes días están a botar moito pola televisión un anuncio de Movistar no que promocionan un ordenador de reducidas dimensións que promete ser unha plataforma de navegación pola Internet...

HTC Shift
Estes días están a botar moito pola televisión un anuncio de Movistar no que promocionan un ordenador de reducidas dimensións que promete ser unha plataforma de navegación pola Internet que se vende en exclusiva a través de Movistar, sen comentar os detalles do equipo nin o prezo do mesmo, polo que me vexo na obriga de advertir á xente, para que saiba ponderar o custo total de tal potencial adquisición. Así, coma co iPhone nos EE.UU., hai que precisar que, aparte do equipo, hai un compromiso de permanencia coa operadora mantendo un plan de datos bastante cutre.
Prezo do UMPC de Movistar
O prezo do ordenador ultraportátil a través de Movistar é de 899 euros, o que supón un aforro importante sobre os 1.229,95 euros que custaría de mercalo en tendas, pois o HTC Shift é un equipo que se pode mercar a través doutros distribuidores europeos (vaia, que agora iso das exclusivas é cada día máis discutible), pero os 15 euros ó mes do anuncio resulta que só corresponden ós 3 primeiros meses, tralos que habería que pagar o dobre, cunhas condicións máis que discutibles:

“Promoción válida hasta el 17/04/08 al dar de alta la Tarifa Plana junto con el Contrato Internet. Tarifa Plana 3,5G a 15€/mes (17,4€ IVA incluido) los 3 primeros meses. Resto de meses a 30€/mes (34,8 IVA incluido). Límite consumo Tarifa Plana 3,5G: 1GB. Una vez superado el compromiso se tarificarán por tramos de 0,5GB a 15€ con un límite de 90€/mes (104,4 IVA incluido). Una vez alcanzado este importe será Tarifa Plana sin límites. Consulta precio HTC Shift en tu distribuidor movistar.”

Está claro que se alguén merca un equipo para conectarse á Internet a través de HSDPA (o que lle permitiría velocidades de descarga teóricas de ata 7,2 Mbps) en vez de pagar 30 €/mes acabará pagando 90 €/mes, porque superará sobradamente 1 Gb de transferencia, polo que o equipo remata sendo mooooi caro. E iso sen mencionar que cando se superan os 5 Gb de transferencia a velocidade da conexións se reduce a 128 Kbps, ou sexa, que pagas a prezo de ouro unha conexión máis propia da década pasada.

Facendo contas dá a impresión de que sae moito mellor mercar o ultraportátil pola nosa conta para poder contratar unha tarifa plana máis axeitada ou flexible. De tódolos xeitos eu non gusto nada do HTC Shift (ten unha pantalla patética, e o seu fabricante non ten experiencia en ordenadores senón que produce normalmente smartphones), e coido que de precisar un equipo de grande portabilidade hai opcións máis interesantes coma os OQO ou mesmo os novos ultraportátiles de baixo custo coma o Asus Eee PC, o Kojinsha E8 ou o Elonex ONE, que se poderán adquirir por prezos de entre 133 e 400 euros, e que se poden conectar a redes de telefonía móbil mediante distintos apaños, sen esquecer que en tendas como a FNAC ultimamente hai toda unha morea de UMPC, o que indica que existe unha forte demanda destes trebellos.

Vaia, que agás que sexa a vosa empresa a que corra cos gastos, eu pensaríao moito antes de mercarlle un portátil a Movistar.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...