Product placement en House

A pasada noite vin o episodio desta semana de House nos EE.UU. e abraioume que tivese tanta publicidade indirecta de Apple, pois a presenza de portátiles Macbook parecía bastante...

House abraiado ó ver un iPhone como agasallo
A pasada noite vin o episodio desta semana de House nos EE.UU. e abraioume que tivese tanta publicidade indirecta de Apple, pois a presenza de portátiles Macbook parecía bastante descarada, pero cando House manga o iPhone de Wilson para facer crer que llo regalaron, o descaro é absoluto, véndose durante o episodio o terminal por diante, por detrás, agapagado e acendido.
House sinalando o iPhone
O que non sei é se, cando chegue este episodio a España (é o número 10 da 4ª tempada) os espectadores recoñecerán o terminal, pois igual se emite antes de que o móbil de Apple chegue ás tendas españolas, o que sería unha publicidade desperdiciada.
Eu quede algo decepcionado, pois en vez de ter un móbil coma o de House… teño un móbil coma o de Wilson 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS