Piratas de Silicon Valley

En IonLitio acabo de ver que o telefilme Los Piratas de Silicon Valley, adaptación do libro Fire in the Valley no que se conta a historia paralela e non...

En IonLitio acabo de ver que o telefilme Los Piratas de Silicon Valley, adaptación do libro Fire in the Valley no que se conta a historia paralela e non oficial de Apple e Microsoft, leva máis dun ano en Google Vídeo sen que ninguén o denuncie, de xeito que está libre para a súa visualización.
Se non coñecedes e peli, botádelle un ollo:

Supoño que algúns recoñeceriades ós protagonistas de series coma Urgencias ou A Zona Morta.
Eu pola miña banda teño que agradecer que subiran á Rede a película porque en España só saíu en VHS (eu merqueina no seu día no Carrefour) e así dase a oportunidade de vela a máis xente.
Sobra dicir que leva tempo rulando nas redes P2P unha copia de máis calidade. O que me sorprende é que tras ver unha ollada tan corrosiva sobre Steve Jobs a xente siga adorándoo, mentres que ignoran ó bonachon de Wozniak.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS