A Touripedia consolídase cun vídeo

Admito que flipo sempre que escoito a falar a Touriño pola televisión, pois resúltame difícil saber en qué lingua fala, de aí que me fixera moita graza no seu...

Touripedia
Admito que flipo sempre que escoito a falar a Touriño pola televisión, pois resúltame difícil saber en qué lingua fala, de aí que me fixera moita graza no seu día a Touripedia, pero agora que xa hai un vídeo que ilustra o que é o touriño (esa fala singular):
Agardo que tal clip faga reflexionar sobre a necesidade de falar ben en público, non só os políticos, senón tamén os xornalistas e presentadores televisivos e radiofónicos, pois tanto a TVG como a Radio Galega están a causar estragos sobre a nosa fala.
Cando a xente escoita unha palabra mal nos medios corrixe o seu léxico cunha nova acepción pouco axeitada. Chega con ver a cantidade de veces que escoitamos a palabra incerto coma sinónimo de falso.

Ver Touripedia ▼

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS