Misterioso sobre chegado de Xapón (II)

Si, Darío tiña razón sobre o contido do sobre sorpresa, e este venres levei o sobre orixinal a Radio Coruña para que Truxi e Antón o visen fisicamente pois...

Sobre aberto
Si, Darío tiña razón sobre o contido do sobre sorpresa, e este venres levei o sobre orixinal a Radio Coruña para que Truxi e Antón o visen fisicamente pois era super-friki. É a primeira vez que vexo unha mensaxe escrita ¡por dentro do sobre!
Cartón do PutiputiO cartón que vén dentro do plástico que envolve o Putiputi tamén é a repanocha, presentando a unha parella de xaponeses chorando do gusto ó premer as burbullas virtuais. Dentro do cartón incluso se inclúe un segundo manual de instrucións metido nun sobre de plástico transparente… ou sexa, que os nipóns son uns esaxerados aproveitando o espazo ó máximo.
O trebello en cuestión coido que enviciou demasiado a Antón, que se non lembro mal premeu máis de 800 veces durante o programa do venres (o Putiputi fai un ruidiño raro cada 100 pulsacións) polo que está visto que hai que telo afastado dalgunhas persoas. Tamén creo que Antón vai ser o primeiro residente en España en saber canto dura a pila do chaveiro, pois apostaría algo a que non lle vai durar máis dunha semana 😉

Antes de que preguntedes, non sei cando se vai vender este xoguete en España, pois tanto é posible que aparezan por 10 ou 15 euros no Corte Inglés, como que se vendan a 2 euros nos bazares chineses, xa que este tipo de fenómenos son coma os Tamagotchis, ou sexa que ben anunciandos poden vender a moreas, aínda que logo sexan uns chismes inútiles (pese a que Antón pense que son ideais para rehabilitar dedos).

O prezo no Xapón coido que é de 819 iens, pero con portes e tal o chiste acaba saíndo en preto de 7 e

uros por Putiputi, o que non está mal por telos en primicia (se estivesen nas tendas españolas non creo que a xente pagase moito por eles). Sobre o nome, é onomatopeico, polo que dubido que nos países hispanofalantes se chegase a coñecer coma Putiputi (polo mesmo que nunha película de animación a Lapüta lle cambian o nome por Lapotu) e sería máis propio que respondese ó nome de pluf-pluf ou algo semellante.

Con xoguetiños, trebellos tecnolóxicos, webs (non esquezades visitar YouTorrent) e as seccións habituais o Zapping do venres saíu bastante curriño:

E para os que queiran saber máis da aparición de Yoda e Darth Vader en Soul Calibur IV, poño aquí o trailer que estrearon durante o CES de Las Vegas:

E para rematar, de agasallo, déixovos coa actuación de Paquita la del Barrio que recomendou Lucía Aldao a Txuri e Antón:

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...