O Pressing Catch chega á Coruña

O outro día Fer informoume de que a WWE ía vir a Coruña, o que me sorprendeu bastante, e que ratificaría o feito de que o Pressing Catch volve...

WrestlemaniaO outro día Fer informoume de que a WWE ía vir a Coruña, o que me sorprendeu bastante, e que ratificaría o feito de que o Pressing Catch volve a estar de moda (aínda lembro os tempos de Cuadrilátero na TVG).
O evento que chegará ó Coliseum coruñés será o Wrestlemania Revenge Tour e a data elixida será o venres 18 de abril de 2008 ás 20:00 horas, vendéndose as entradas a 25, 42, 60 e 80 euros. Véndese en El Corte Inglés e en Tick Tack Ticket

, e parece ser que xa venderon moooitas entradas pese a que falta moito para o espectáculo.
Randy Orton, Jeff Hardy, Triple H e Umaga
Os loitadores que virán serán Randy Orton, Triple H, Umaga, Jeff Hardy e moitos máis (supoño que o resto serán pouco coñecidos). Boto en falta a algunha das grandes estrelas (John Cena, Rey Mysterio, La Bestia Batista, El Enterrador…) e quixera saber se os comentaristas de Cuatro narran estes eventos en directo (o que daría moito xogo).
¿Alguén ten máis detalles sobre o que promete ser o evento máis friki da primeira metade de 2008?

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS