Televisores panorámicos: ¿cuestión de tamaño?

O ano pasado o estándar en televisores TFT era de 32 polgadas, que moita xente consideraba que eran demasiado pequenas, o que resultaba abraiante porque a xente viña de...

O ano pasado o estándar en televisores TFT era de 32 polgadas, que moita xente consideraba que eran demasiado pequenas, o que resultaba abraiante porque a xente viña de ter televisores de tubo de 28/29 polgadas, os que aparentemente teñen unha superficie menor, pero grazas á web de Display Wars podemos comparar o tamaño de televisores de distinta proporción, de xeito que vemos claramente que 32 polgadas é menos que 29 no tocante ás emisións televisivas (que continúan a ser de 4:3):
Comparación cunha TFT de 32 polgadas
Así pois, se temos un televisor de 28/29 polgadas, ¿qué televisor panorámico teriamos que mercar para non ver a televisión máis pequena? A solución sería 37 polgadas, que casualmente é o tamaño que máis está a aparecer agora na publicidade das tendas (xunto coas enormes pantallas de plasma de 42 polgadas). Comparemos agora os tamaños:
Lotto – Der Millionenmarkt! Das Geheime Lottobuch

res_29_37.jpg” width=”512″ height=”291″ alt=”Comparación cun TFT de 37 polgadas” title=”Comparación cun TFT de 37 polgadas” />
Temos así que para substituír un televisor normal de 25 polgadas teriamos que optar por un televisor panorámico de 32 polgadas, e para facer o mesmo cun televisor de 29 polgadas a opción máis axeitada sería o televisor panorámico de 37 polgadas.
Este embrollo é difícil de explicar a moita xente, pero de xeito ilustrado resulta máis doado de entender, ¿verdade?

Así, que vaia renovar o seu televisor para Reis, que teña presente que comparar directamente as polgadas dun televisor vello cun dos novos non hai que caer na trampa dos números (pois sería coma comparar repolos con cebolas) e cómpre pensar en 2 dimensións. Polo mesmo, se falamos de monitores de ordenador, tamén hai que ter en conta que, normalmente, en vez de 16:9 son 16:10, polo que as proporcións tamén cambien a teriamos que volver a Display Wars para comparar tamaños (deducíndose que un monitor de 30 polgadas equivale a un televisor de 32).

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS