O comercio electrónico a debate en RadioVoz

Hoxe participei nunha tertula sobre o comercio electrónico no programa Voces de Galicia de RadioVoz, no que tamén participou Javier Wicho Pedreira, co que coincidín en moitos pareceres. O...

Hoxe participei nunha tertula sobre o comercio electrónico no programa Voces de Galicia de RadioVoz, no que tamén participou Javier Wicho Pedreira, co que coincidín en moitos pareceres. O que máis me chamou a atención foi que moita xente segue a dicir que o comercio electrónico «é o futuro» cando está claro que xa leva tempo sendo o presente. A verdade é que quedaron moitas cousas no tinteiro, pero foi interesante participar no debate:


Ó remate, tanto Wicho coma min estivemos insistíndolle a Isidorio Valerio na necesidade de que publiquen os programas vía podcast, pois emisoras como Cadena SER estaban a tomar moi en serio o asunto, e as descargas son tamén unha audiencia moi importante (eu mesmo levo moitos programas gravados cando vou no coche). Do tema tamén deberían tomar nota a Radio Galega e outros medios.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS