Un mes sen Trebellos

Trebellos pretende dende o pasado mes de abril formar unha comunidade de blogs comerciais en galego (Blogueiros), o que resulta sumamente complicado por ser difícil consolidar unha masa crítica...

Trebellos.org
Trebellos pretende dende o pasado mes de abril formar unha comunidade de blogs comerciais en galego (Blogueiros), o que resulta sumamente complicado por ser difícil consolidar unha masa crítica de usuarios que faga rendible o negocio, pero como iniciativa resulta moi interesante e sería bonito que Andrés Milleiro puidese converter o seu soño de blogueiro profesional en realidade, pero polo momento se ve que resulta bastante difícil compaxinar a labor de redactor tecnolóxico cos estudos universitarios (entendo que non por non poder escribir… senón por non ter tempo para ler todo o que se publica sobre o tema) polo que dende aquí quixera dicir que os boto en falta, pero que o único que lles podo transmitir son ánimos para que continúen coa súa tarefa cando teñan tempo e desexarlles moita sorte nos exames (ah, e que a Andrés lle regalen pronto un MacBook… ¿caerá por Reis?).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS