Bohemian Festa

Un vídeo de College Humor leva un par de días na web e xa está a arrasar. Trátase dunha parodia-homenaxe ó Bohemian Rhapsody de Queen, no que se relata...

Un vídeo de College Humor leva un par de días na web e xa está a arrasar. Trátase dunha parodia-homenaxe ó Bohemian Rhapsody de Queen, no que se relata unha festa:

Ver a letra ▼

O vídeo fíxome moita graza, e paréceme abraiante que fagan uns vídeos tan currados exclusivamente para a Internet. Supoño que contan co efecto contaxio para que saia en tódalas televisións (que agora rouban moito material da Internet) e así buscarán darse a coñecer. O grupo da canción é Apes and Androids, ¡pero o vídeo está feito pola xente de College Humor! ¡Menuda promoción para a banda! De seguro que algún grupo galego gustaría de que en Air Galicia lle fixeran un vídeo musical, ¿non? ¡¿Ou mesmo Andrés Solo?! 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS