A miña entrada favorita

Adrián de Bloqnum proponme seguir un meme no que hai que elixir a entrada favorita deste blogue, e a verdade é que resulta unha tarefa moi complicada, pois os...

Adrián de Bloqnum proponme seguir un meme no que hai que elixir a entrada favorita deste blogue, e a verdade é que resulta unha tarefa moi complicada, pois os criterios podería ser moi diversos. Así, o de me cagho nas estrellas foi un dos que tivo máis éxito en plan coña, mentres que un dos que me fixo máis ilusión no seu día foi o de que Hai un galego na Rede porque o tiña programado para que saíse automaticamente durante a miña intervención en Enredad@s, o que o converteu case nunha presentación en tempo real a través do blogue (botei unhas risas cando no medio da intervención Roberto Noguerol, Lage se puxo a mirar este espazo e veu que xa tiña a presentación publicada), pero se teño que elixir unha entrada significativa, coido que non habería dúbida: o meu prognóstico para as eleccións municipais en Melide.
¿Por qué? Pois pola súa influencia, pois achegou moitísima audiencia melidense, que xerou centos de comentarios a través de moitas entradas ata hoxe, creando un debate na Internet sobre a actualidade política de Melide, o que me pareceu moi positivo. Nun principio os blogueiros melidenses xa frecuentamos os nosos respectivos blogues, pero co gallo das eleccións moitas persoas que estaban afastadas do Blogomillo veron que na Rede se podía falar libremente destes temas, e desexo que só sexa o punto de saída de moitas outras iniciativas na Internet dende unha vila que ata o momento ten pouca presenza dixital.

Por suposto que tamén tería que destacar as entradas relativas ó programa de radio Zapping, pero ó non haber ningunha que sexa especialmente representativa supoño que ese predilección a deixarei para o mundo real 😉

Non sei se alguén máis se animará a seguir este meme, pois é bastante farragoso, xa que lembra á típica pregunta de: “¿A quen queres máis? ¿A papá ou a mamá?”.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS