Series de rapaces na TVG

Un comentario de Ángel de High Mountain me fixo lembrar a serie Kidd Video: O que tamén me trouxo á cabeza que naqueles tempos na TVG botaban Whiz Kids...

Un comentario de Ángel de High Mountain me fixo lembrar a serie Kidd Video:
O que tamén me trouxo á cabeza que naqueles tempos na TVG botaban Whiz Kids (Xente Marabillosa):
Nesta última serie sorprendeume recoñecer que o policía que sae na intro era o Cruz Castillo de Santa Bárbara, quee tamén saía en La Ley de Los Ángeles e CSI, e o resto dos actores quedaron bastante no olvido agás a a rapariga Andrea Elson, que era Lynn na serie de ALF mentres que o prota de Xente Marabillosa se limita a pór voces a debuxos animados e videoxogos 🙁
A serie era mítica, cunha chea de detalles friki-tecnolóxicos que hoxe se verían ridículos, pero que tiñan o seu aquel. Ó rememorar estas dúas series penso, ¿chegarán a facer remakes das mesmas? Porque unha serie de debuxos animados con éxitos musicais podería acadar o éxito infantil análogo a Rebelde e Rebelde Way, mentres que unha serie de rapaces-detective con ordenatas pode ter boa acollida entre cativos afeitos a andar na Rede e con videoxogos. Ademais, hoxe non sería preciso que o pai do prota fose un ricachón, pois calquera pode ter un ordenador na casa ou na escola.
Vendo como fan novas versións de Galactica, Dr. Who, Flash Gordon ou A Muller Biónica supoño que nalgún momento lle tocará a esas series que son moito máis baratas de levar a cabo e que poderían funcionar hoxe en día, aínda que eu continúo a agardar a que alguén homenaxee a Buck Rogers nalgún momento (e non me vale Eric Cartman en South Park, ¿eh?).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS