EE.UU. tamén ten talento

As actuacións en Britain’s Got Talent deixaban en total evidencia á merda española de Factor X que só destacou por a canción friki do cinturón, e un dos finalistas...

As actuacións en Britain’s Got Talent deixaban en total evidencia á merda española de Factor X que só destacou por a canción friki do cinturón, e un dos finalistas británicos, Damon Scott, fíxonolo pasar moi ben parodiando a Michael Jackson con seu mono Bubbles, pero na versión norteamericana a cousa aínda foi mellor. Vede aquí os vídeos da final no que actuaba Terry Fator:
Tralo comezo country, unha imitación de Roy Orbison feita por un sapoconcho me deixou coa boa aberta:
Pero, ¿por qué mola tanto o tío se a versión británica era moito máis divertida? Pois porque Damon Scott só movía ó monicreque, mentres que Fator é ventrílocou, ou sexa, ¡que está cantando el! Para aprecialo mellor recomendo ver a súa versión de Unforgettable:
Incluso se atreve a imitar a Dean Martin:
¿É ou non é todo un maestro este talentoso norteamericano? Como diría Rockefeller: “¡toma Moreno!“.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS