¡Comeza Viñetas desde o Atlántico!

As 7 da tarde terá lugar a inauguración oficial de Viñetas desde o Atlántico (¡¿por qué carallo na SER dirán Viñetas desde el Atlántico se a feira sempre tivo...

As 7 da tarde terá lugar a inauguración oficial de Viñetas desde o Atlántico (¡¿por qué carallo na SER dirán Viñetas desde el Atlántico se a feira sempre tivo nome en galego?!), que durante 7 días achegará o mundo do cómic á cidade da Coruña. Mañá será un dos días máis importantes desda edición, pero hoxe xa mirarei de dar unha voltiña polos Cantóns para ver o que hai por alí.
Teremos así 7 días para celebrar a banda deseñada, por iso déixovos coa canción 7days de Love Psychedelico:
Gusto bastante deste vídeo, pois non só a canción ten o seu aquel, senón que o xeito de bailar da cantante me parece moi natural (algo que non acontece moito nos vídeos musicais, nas que os cantantes dan chimpos coas baladas).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS