Novo cablemódem

Hoxe chegou un instalador de R a cambiar o cablemódem que tiña na casa dende hai moooooito tempo. Coido que levo uns 5 anos usando R, e ata hoxe...

Motorola SurfBOARD SB5101Hoxe chegou un instalador de R a cambiar o cablemódem que tiña na casa dende hai moooooito tempo. Coido que levo uns 5 anos usando R, e ata hoxe conservaba o Motorola SurfBOARD SB4100 que me puxeran o primeiro día, o que parece un milagre, pois sei de usuarios que van polo seu 3 dispositivo (pero nunca lles tocou un Motorola).
Agora instáronme un Motorola SurfBOARD SB5101, que é practicamente igual, só que negro, un chisco máis pequeno e cun LED de testemuño máis. A principal vantaxe deste aparello con respecto do anterior é que ten DOCSIS 2.0 que fronte ó DOCSIS 1.0 presenta mellores relacións entre as velocidades de baixada e subida da conexión, de xeito que triplica a velocidade de subida, que pode chegar agora ata os 30 Mbps (non é que R vaia a subir tanto a velocidade, pero dá gusto saber que o hardware que te conecta á Rede é mellor).

Tan pronto marchou o técnico probei a velocidade de acceso e parece que no tocante á subida vai un chisco mellor que antes:
test de velocidade

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS