O programa de Viñetas desde o Atlántico

¡Impresionante! ¡Esta ano coñecemos o programa de Viñetas antes do comezo da feira coruñesa do cómic! Para min incluso é unha sorpresa que comece tan forte: Martes 14 18:15...

¡Impresionante! ¡Esta ano coñecemos o programa de Viñetas antes do comezo da feira coruñesa do cómic! Para min incluso é unha sorpresa que comece tan forte:

Cartel de Viñetas 07Martes 14
18:15 – 18:30 Apertura charlas Viñetas X
18:35 – 18:55 Presentación Polaqia 10
19:00 – 20:00 Álvaro Pons: La novela gráfica
20:15 – 21:30 Tim Sale

Miércoles 15
18:15 – 18:30 Presentación Difusora de letras (Henrique Torreiro) na que se presenta o proxecto As crónicas de Gáidil, de Nacho Rodríguez Domínguez e Pablo Fernández Otero, con ilustracións de Víctor Rivas; primeiro xogo de rol en galego.
18:45 – 19:50 Antonio Martín: El tebeo político durante la transición democrática
19:55 – 20:10 Presentación Golfiño en portada (Fausto Isorna)
20:15 – 21:30 Jean-louis Tripp

Jueves 16
19:00 – 19:20 Presentación Monografía de la Universidad de Santiago sobre la BD Galega
19:30 – 19:50 Presentación AGPI (Manel Craneo)
20:00 – 21:30 Juanjo Saez – Santiago Valenzuela – Sergi San Julián

Viernes 17
18:15 – 18:25 Presentación Libro Corto Maltés (Ángel de la Calle)
18:30 – 19:30 Rutu Modan
19:35 – 19:50 Presentación Factoría K (Kiko da Silva)
20:00 – 21:00 Étienne Davodeau

Sábado 18
18:15 – 18:30 Presentación Esther y su mundo (Antonio Martín)
18:35 – 19:55 Jeff Smith
20:00 – 21:30 Yoshihiro Tatsumi

Que o primeiro autor importante en facer acto de presenza sexa o martes (ou sexa, que comezan polo de máis sona) é toda unha sorpresa, moi boa, pois así non hai que agardar para o sábado, día no que normalmente hai moito paseante e resulta menos axeitado para os frikis que queremos coñecer en persoa ós nosos autores favoritos.

Despois teño o mércores ó meu curmán, o Breogán de Gáidil, presentando o primeiro xogo de rol en galego.

A partires dese momento xa non atopo nada do meu interese ata o sábado (con Jeff Smith) o que deixa tempo para percorrer as casetas na procura de material interesante para engadir á colección, aínda que cada vez merco menos en Viñetas, pois as cousas actuais xa as merco regularmente, e o material vello resulta difícil de atopar.
Iso si, sen dúbida o mellor da feira é atopar á xente que só ves en datas tan especiais coma esta que nos reserva tódolos anos o mes de agosto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS