O Mus

Veño de atopar na web de Miguel Antonio Piñeiro Moure unha transcripción (case completa) do seu libro sobre o nobre xogo do mus, que é o xogo de naipes...

O musVeño de atopar na web de Miguel Antonio Piñeiro Moure unha transcripción (case completa) do seu libro sobre o nobre xogo do mus, que é o xogo de naipes máis divertido e intelixente que existe, aínda que teña un defecto moi importante: precisa de 2 parellas de xogadores (nin un xogador máis, nin un menos). É complicado xuntar a 4 persoas ó redor dunha mesa e que todas saiban xogar ó mus, polo que a súa práctica se reduce na actualidade ás cafeterías das facultades e a algún local mítico coma El Linde (na Coruña).
Eu falo marabillas do mus porque son o mellor xogador do mundo, claro, e precisamente iso me fai recoñecer a admiración polo texto de Piñeiro que, aínda que non está á altura do libro de Antonio Mingote, resulta especialmente recomendable aínda que só sexa por botar un ollo á súa escolma de terminoloxía popular.
Ver o texto ▼

Para os que queiran practicar este xogo e non atopen con quen sempre e posible botar unhas partidas no ordenador, con xogos considerados abandonware (ou sexa, que xa non están á venda) coma o vello Órdago, o simpático PC Mus (gracioso, aínda que cun nivel de xogo moi inferior ó anterior) ou o Muc 2000 (xogo máis moderno que incluso ten versións de pago na actualidade).
Tamén se pode xogar ó mus en liña, pero todos estes sistemas alternativos perden o atractivo do xogo, que está máis no que se di que no que se fai. ¿Alguén se apunta a unha partidiña?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS