O novo De Juana

É doado lembrar a fotografía de Iñaki de Juana Chaos no Times, pero agora quedará substituída por outra na miña memoria, xa que o meu irmán finalmente puido ingresar...

É doado lembrar a fotografía de Iñaki de Juana Chaos no Times, pero agora quedará substituída por outra na miña memoria, xa que o meu irmán finalmente puido ingresar no CHUS para que o operasen da vesícula biliar, e finalmente teñen que demorar a intervención mentres non se lle cure unha pancreatite que padece.
Á espera da operación Xurxo terá que alimentarse só de soro, polo que vai quedar feito todo un De Juana, como se pode ver nesta recreación daquela histórica imaxe:
O novo De Juana Chaos
Iso si, teño que buscar a un grupo de xente do PP que se queira manifestar diante do CHUS o día que lle dean a alta a meu irmán 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS