¿Onde tes a túa web?

Buscar unha hospedaxe para unha web é unha tarefa complicada, pois hai que elixir entre centos de provedores dos que ninguén se fía un pelo, pois todos promenten un...

Buscar unha hospedaxe para unha web é unha tarefa complicada, pois hai que elixir entre centos de provedores dos que ninguén se fía un pelo, pois todos promenten un servizo caralludo e moi barato, e ó final rematamos tendo problemas con eles. Así, un bo sistema de elixir unha empresa de hosting pode ser mirar o que usan os teu compañeiros. Se as webs que visitas habitualmente non cascan, é posible que o seu provedor de espazo web sexa de fíar. Pero, ¿cómo podemos coñecer este dato sen tolear ós webmasters das webs preguntándolles un a un?
A solución é doada: empregando o servizo de Who is Hosting This?.
Who is Hosting This
Así, eu podo ver como Andrés Milleiro, Catuxa e José Luis Orihuela confían en DreamHost, mentres que outros coma Ignacio Escolar ou Manolo Gago confían en provedores españois coma CDmon ou Dinahosting.
Who is Hosting This? está saíndo en moitas webs, o que parece que lles está a causar problemas, así que mentres escribo estas liñas non funciona o sistema, pero hai que recoñecer que me parece unha boa idea (aínda que hai que admitir que normalmente esa información se pode saber con só facer un WHOIS a un dominio, xa que os servidores de DNS cantan claro).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS