Transformers: more than meet the eye

Onte fun ver a peli dos Transformers, e aínda me latexa o corazón máis acelerado, pois quedei impresionadísimo. Vale que eu agardaba unha trapallada contando coa dirección de Michael...

Optimus Prime
Onte fun ver a peli dos Transformers, e aínda me latexa o corazón máis acelerado, pois quedei impresionadísimo. Vale que eu agardaba unha trapallada contando coa dirección de Michael Bay, e as críticas que lin sobre o guión parecían moi atinadas pero, ¿qué podes agardar dunha historia protagonizada por robots que se converten en coches? ¡¿Alguén podería desenvolver unha historia realista con tal argumento?! Así pois, hai que comezar dicindo que a película dá o que promete: acción con robots xigantes.
Megan Fox en TransformersNun primeiro momento hai que recoñecer que a película está ben ambientada, cun rapaciño que non encaixa socialmente e está pirrado pola cachondísima da clase, coa que consegue ligar coa axuda do seu coche novo, que non é outro que Bumblebee, que deixa de ser un Escarabajo para converterse nun Camaro na peli, pero facendo como sempre o seu papel agradable que fai que todo o mundo o adore.
Optimus tamén conserva a súa magnificencia, e Megatrón tamén mete medo, polo que os robots principais estarían ben tratados na obra, aínda que hai que recoñecer que se despreza totalmente ó resto dos robots, tanto Autobots coma Decepticons, dos que en raras ocasións se menciona o nome dúas veces (flipante).
O curioso do conto é que os robots case resultarían cribles (se non fose polas absurdas transformacións tanto a nivel de tamaño coma de tecnoloxía, que fai que cando ser converten en coches non só cambien a súa aparencia externa, senón que mesmo teñen o motor correspondente (aínda que algo tuneado). Ou sexa, que a película a nivel de efectos especiais é impecable. E cando digo impecable refírome a que ten os mellores efectos especiais do ano, que caga mil veces sobre outras superproducións pois o ordenador non canta a morte.
No tocante á historia, é certo que resulta moi ridícula, pero dá a impresión de que a metade dos detalles se introduciron só para dar lugar a sketches graciosos polo que unha película que parecería para maiores de ideade (pola violencia) se converte en apta para toda a familia. Eu rin moitas veces, o admito.
Se me poño a buscar pegas a película atopo moitas, comezando pola súa duración (2 horas e cuarto) e rematando polo argumento, pero todo iso se pode pasar por alto cando un senta na butaca do cine e se pon a ver o espectáculo visual que supón o filme. É realmente impresionante.
Bumblebee falando con Sam
Botei en falta termos como a Matriz Creativa (aquí é un cubo) e me pareceu unha cagada que o trebello servise só para facer Decepticons (pois o estado natural dos habitantes de Cybertrón é o de Autobots, pasando a ser Decepticons os renegados), e admito que a presenza do Exército non foi tan patriótica como sospeitaba, polo que a película non ten o cheiro a americanismo que ten mesmo Spider-Man, pois se limitan a defender o dereito á liberdade dos seres racionais (o que debería ser dereito á vida pois os Decepticons queren aniquilar ós humanos e non escravizalos).
E falando de escravizar, me fixo coña o rótulo dun coche de policía que cambiaba o “para protexer e servir” por un “para castigar e escravizar“.

Remato recomendando sen reservas a película, pero advirto que hai que vela no cine e en pantalla grande, pois estou certo de que en DVD vai perder moito.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS